![Cursos en marcha!](https://agargolanorural.gal/wp-content/uploads/2023/06/29maio-obradoiro-de-danza-850x560.webp)
Cursos en marcha!
Os cursos de danza e música están a pleno rendemento, preparándose para participar nas representacións de A GÁRGOLA NO RURAL!! Moitos nervios e ilusión por formar parte dun espectáculo destas características, onde se xuntan tantas e tan diferentes disciplinas: teatro, música, baile, narración oral, xigantes e moito máis!
Participar dun proxecto multidisciplinar coma este é unha experiencia enriquecedora, tanto para artistas como para o público. A combinación de diferentes formas de expresión artística crea un ambiente único e ofrece unha experiencia completa.
Desexamos a todas as persoas participantes moito éxito e que gocen ao máximo desta experiencia. Que as representacións de “A GÁRGOLA NO RURAL” sexan memorables e que todas e todosos poidan celebrar a diversidade artística e cultural que este proxecto representa.