A Gárgola en Dodro
Extraordinaria a xornada de hoxe!!! Gran implicación do Concello de Dodro, da Asociación Veciñal San Xoán de Laíño e da Agrupación Foliada do Montiño. Bailamos, cantamos, rimos, asustámonos, xogamos, comemos e gozamos a tope!!!
Quedamos namoradas de Dodro, de Imo, da Eira da Lavandeira, dos extraordinarios hórreos BIC e sobre todo de todas as veciñas e veciños, que son un gran exemplo a seguir e que nos demostran que unidas e unidos pódese conseguir calquera cousa e festexar a nosa cultura sempre!!!!
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aí vos deixamos unhas cantas.