A Gárgola no Rural: Un Mundo de Música, Arte, Teatro e Tradición

Venres Febreiro 23, 2024

Quen somos?

A XANELA DO MAXÍN somos unha compañía de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas que comeza a súa traxectoria profesional no 2007.

Os nosos espectáculos fusionan  o teatro de monicreques, o de actor, o teatro visual e de obxectos, os efectos lumínicos e escenográficos, o espazo sonoro con música en directo e a innovación artística. Unha pluridimensionalidade que abrangue diferentes linguaxes e formas e por iso contamos con profesionais especializados en cada un dos ámbitos.

Traballos interdisciplinares dirixidos maiormente a un público infantil e familiar nos que a parte visual e a poesía da imaxe son parte fundamentais, mais nos que tamén se fomentan valores como a igualdade, o respecto ás diferenzas, a tenrura…  con gran sensibilidade e especial coidado da linguaxe.

Máis información:

Clic aquí para visitar a nosa web