A Gárgola en Zas
Canto aprendemos hoxe das Torres do Allo e das lendas, historias, mitos e crenzas de Zas!!!! Dende tesouros agochados que se os atopamos ocorrerán grandes desgrazas, ata augas milagreiras, pasando pola impresionante historia do que podería ser o Pazo máis antigo de Galicia: As Torres do Allo, un Ben de Interese Cultural que paga a pena visitar e coñecer.
A veciñanza, ademais, involucrouse a tope na actuación e aportaron valiosa información. Ademais, unhas marabillosas pandereteiras que levan toda a vida tocando e bailando deleitáronnos coa súa música mentres todas e todos gozábamos dunha foliada estupenda acompañada de bebidas e pinchos, que non poden faltar!
Tamén participou a agrupación Churía, dende as máis veteranas ata as bailadoras máis novas. Un auténtico luxo.
Volveremos seguro!!! Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos.