A Gárgola no Rural: Un Mundo de Música, Arte, Teatro e Tradición

Sábado Xullo 27, 2024

A GÁRGOLA NO RURAL. UN MUNDO DE MÚSICA, ARTE, TEATRO E TRADICIÓN é unha iniciativa cultural e artística da compañía teatral A XANELA DO MAXÍN coa colaboración da Xunta de Galicia e o financiamento con fondos NextGeneration da Unión Europea, que busca enriquecer o desenvolvemento cultural a través de diferentes actividades: a creación e posta en marcha dun espectáculo en conxunción con diferentes colectivos locais, obradoiros de creatividade, elaboración de carteis, representacións escolares e cursos de danza e música, así como múltiples accións de recollida e recuperación da riqueza cultural de cada lugar.

Este proxecto, centrado na dimensión social, ten como obxectivo fomentar a igualdade e a cohesión social a través de disciplinas como o teatro, a música e as artes plásticas.

Tamén pon en valor o noso patrimonio cultural e natural, incluíndo os bens declarados de interese cultural, así como a música popular e os traxes tradicionais que reflicten a nosa identidade.

Esta iniciativa artística destaca pola súa enfoque multidisciplinar e innovador. Pretende deixar unha pegada na comunidade, involucrando directamente os diferentes grupos relacionados e captando a atención do público en xeral.

Neste universo cultural e artístico, a creatividade flúe libremente, permitindo descubrir novos horizontes. A arte e a cultura, como parte da nosa identidade galega, axudan ao crecemento e á evolución da sociedade.