Concurso de carteis
Chegou a hora do concurso de carteis!!!! Convocamos este concurso para diferentes centros educativos do rural, porque todas levamos unha artista dentro! Así que, se tedes a sorte de participar, lede ben as bases!
OBXECTO DO CONCURSO
O obxecto do concurso é visibilizar as representacións de “A Gárgola no rural. Un mundo de música, arte, teatro e tradición” que se levarán durante os meses de xuño e xullo en diferentes localidades galegas. Un espectáculo multidisciplinar baseado na obra “A Viaxe de Saira” e dirixido ao público familiar con base na cultura e na tradición propias, en colaboración coa AGADIC e con cargo aos fondos Next Generation da UE e ao seu Plan de Recuperación e Resiliencia. O cartel gañador será utilizado para o anuncio de dito espectáculo tanto en formato físico como dixital.
BASES DO CONCURSO
1. Participantes: Poderá participar no concurso calquera alumna ou alumno de educación infantil ou primaria dos colexios partícipes. A participación pode ser individual ou grupal.
2. Temática e características técnicas das obras: O contido do cartel deberá difundir o evento do espectáculo “A Gárgola no rural. Un mundo de música, arte, teatro e tradición”. Para iso proporcionarase material audiovisual sobre o mesmo.
3. O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas mínimas de A4 e enviarase en formato electrónico coa extensión JPG ou PDF. Pode incluír a frase “A Gárgola no rural. Un mundo de música, arte, teatro e tradición”, aínda que non é obrigatorio. Non levará ningún outro texto.
4. Tanto a técnica coma o estilo dos carteis serán libres. As composicións deben ser orixinais e inéditas. Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais ou persoas recoñecidas no ámbito público. O deseño premiado será o cartel que anuncie dito evento.
5. O alumnado que desexe participar neste concurso poderá facelo ata o día 5 de xuño do 2023 ás 15:00h. As obras remitiranse en formato PDF ou JPG nunha resolución de 300ppp, xunto coa información identificativa (nome, apelidos, curso e colexio) ao seguinte enderezo electrónico: comunicacion@axaneladomaxin.com. Tamén se poden realizar os envío a través de Wetransfer a ese mesmo enderezo.
6. O Xurado será determinado pola compañía de teatro A Xanela do Maxín.
7. O premio consiste nun lote de libros e un títere para a alumna, alumno ou grupo gañador.
8. Aceptación das bases: A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
PODEDES INSPIRARVOS A TRAVÉS DAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.