O 2 de xullo: A gárgola en Lousame
Será este domingo 2 de xullo cando aterremos en Lousame con “A Gárgola no rural. Un mundo de música, arte, teatro e tradición” no Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos!!
Un espectáculo nun espazo único e que está dirixido a un público infantil, xuvenil e familiar, onde a Cultura Tradicional Galega xoga un papel fundamental mediante a súa música e baile, coa participación especial da agrupación lousamiá “Ó Son do Pote”
Organizada polo Concello de Lousame, entrada de balde, previa anotación en BandoTicket.
E ademais podedes seguila en directo! Retransmitirase a través da seguinte ligazón, que estará dispoñible ata 24 horas despois de rematar: