
No CPI Cernadas de Castro!
Que incríble público!!! O alumnado do CPI Cernadas de Castro de Lousame, amais de creativo e enxeñoso, tamén nos demostrou hoxe que son un público moi entregado e participativo. Foi un pracer actuar para todas elas e eles!
A súa enerxía e entusiasmo encheron o escenario e fixeron da función unha experiencia inesquecible.
Parabéns ao alumnado do CPI Cernadas de Castro por ser un público tan incríbel e por demostrar o seu talento na creación duns carteis tan chulo en grupo, foi moi difícil escoller só un.
Que continúen a desfrutar da arte e a encher o mundo co seu talento!