A Gárgola en Toques
Aquí vos deixamos unhas imaxes da representación A gárgola no rural en Toques, onde bailamos, contamos, cantamos e aprendemos unha chea de cousas deste lugar! Lendas coma a do Mosteiro de San Antolín ou a da Pena da Moura, entre outras. Tamén nos contaron sobre agricultura e gandeiría… e visitamos a mesmísima Capela de San Antolín, un monumento declarado BIC cheo de misterio e con moita historia.
Tamén participaron na actuación os xigantes contruídos no obradoiro polas nenas e nenos de Toques e as rapazas e rapaces dos cursos de danza e música! Todo un luxo!!!