A Gárgola en Meis
Aínda estamos dixerindo o acontecido onte nos xardíns da Casa de Parga en Meis, non só gozamos, bailamos e cantamos, senón que aprendemos unha chea de historias sobre toda a contorna e tamén estivemos coñecendo persoas moi especiais, coma o último latoeiro de Galicia!!! Chámase Fernando e ata nos amosou pezas do seu traballo: marabilloso!
Tamén visitamos o Mosteiro de Armenteira e, como non? unha boa merenda ao final, onde puidemos charlar e seguir compartindo sabenzas e historias fantásticas.
Aí van unhas cantas fotos para a lembranza.