A Gárgola en Lousame
Foi realmente incrible actuar nun lugar tan emblemático e máxico como a contorna do Mosteiro de San Xusto de Tosoxoutos, a carón da fervenza e cun público extraordinario.
Ademais, aprendemos sobre a historia deste BIC e tamén lendas como a do Outeiro dos Mouros e o seu tesouro, a Pedra do Can doente ou o misterio do túnel da Capela…
E co grupo Ó SON DO POTE pasámolo en grande!!!! Tamén cos xigantes realizados no obradoiro. Fantásticos!!!
Deixámosvos por aquí unhas fotiños, agardamos que vos gusten.